HomesociedadeCita sobre certificación e xestión forestal este 25 de febreiro no centro...

Cita sobre certificación e xestión forestal este 25 de febreiro no centro cívico do Malecón de Monforte

Este martes, 25 de febreiro, o Salón de Actos do Centro Cívico do Malecón (Monforte de Lemos) acolle unha nova xuntanza da Comunidade Montes de Saberes, dentro do proxecto Comunidades Rurais Sostibles Galicia desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste encontro abordaranse as inquedanzas derivadas da pasada xornada da comunidade monte de saberes do 22 de xaneiro en Escairón.

En Monforte contarase coa participación da Dra. M Josefa Lombardero, Profesora Titular da Universidade de Lugo, do Dpto. de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería, especialista referente en control de pragas e Javier Mariño e Asier Bea, Enxeñeiros Técnicos en CERNA. Durante o encontro contarase coa colaboración da Asociación de Micoloxía Os Lactouros.

A organización convida a participar a todas aquelas persoas “que aposten por un rural forte, sostible e cheo de oportunidades”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...