HomeCulturaDesfile de Entroido na Pobra do Brollón o 1 de marzo e...

Desfile de Entroido na Pobra do Brollón o 1 de marzo e o Oso sae en Salcedo o día 3

O Concello da Pobra do Brollón organiza o desfile de Entroido para este sábado, 1 de marzo. A parroquia de Salcedo, pola súa banda, xa presentou o seu cartel de Entroido. A programación comeza o sábado 1 de marzo, cunha función de teatro popular a partir das 22.00 horas. A partir da medianoite, haberá concerto do grupo 7rojo e para finalizar un DJ

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Comparsas, carrozas e disfraces percorrerán as rúas da Pobra do Brollón, animados pola Charanga Terras do Bibei o 1 de marzo. O desfile sairá ás 17:00 horas do cruce da estrada de Saa e finalizará na área recreativa Samugueiros. Como en anos anteriores, convócase un concurso para premiar aos mellores disfraces, carrozas e comparsas, en base aos criterios de montaxe, elaboración, orixinalidade, humor e materiais utilizados.

Os premios entregaranse o propio día ao remate do desfile na área recreativa. Para participar, é preciso inscribirse antes do 28 de febreiro na Biblioteca Municipal, en horario de 10:30 a 13:30 horas, de maneira presencial ou no teléfono 982 430 546. As bases do concurso están dispoñibles na páxina web do Concello (www.concellodapobradobrollon.gal).

Antes do desfile, o día 27, celébrase o xoves de comadres. Ao igual que no xoves de compadres, vólvese convocar un concurso para premiar ás mellores figuras nas categorías de individuais e colectivos. Tamén está programada a queima das figuras a partir das 18:30 na Praza da Peza, con chocolatada popular e actuación da Escola de Música ‘Samoeiro’.

Entroido de Salcedo

En Salcedo, o domingo 2, os actos comezan ás 16:30 coa actuación de Aikirindo, e ás 17:00, o pregón a cargo de Juan Fuentes, presentador do programa da TVG Quen anda aí?. Deseguido, terá lugar a saída das Madamas e Danzantes e os Disfraces de Campo.

Ás 22.00 horas, haberá nova función de teatro popular e a partir das 00:15 horas, verbena a cargo do Dúo Triada e a Orquestra Triunfo, con DJ ao remate.

O luns ás 17.00 horas sairá o Oso de Salcedo, con pasarrúas da charanga Terras do Bibei, Mekanica Rolling Band e Duendeneta. A partir das 21.00 horas, haberá cea popular con food truck e á medianoite, verbena coa orquestra La Ocaband.

O último día, martes 4, ás 17:30 horas haberá espectáculo de maxia a cargo de Trécola Producións e á noite, a partir das 21.00 horas, ofrecerase cea popular a base de paella, seguido de baile con orquestra Metrópoli.

Oso Salcedo / Felipe Castro

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...