HomesociedadeDisfraces de Campo, Madamas e Danzantes, figuras que gañan presenza no Entroido...

Disfraces de Campo, Madamas e Danzantes, figuras que gañan presenza no Entroido de Salcedo

Aínda que a figura central deste Entroido é a do Oso de Salcedo, que atrae a moitos visitantes, nos últimos anos estase a reivindicar dende a Asociación de Veciños a presenza na festividade dos Disfraces de Campo, as Madamas e os Danzantes.

Publicado o

POR
Ángela Precedo
- Advertisement -

A orixe do Entroido de Salcedo é incerta, a pesar de que moito se tratou de buscar. Como conta Lucas, presidente da Asociación Veciñal de Salcedo, “houbo ata un antropólogo francés e outro xaponés que estiveron investigando as raíces da nosa celebración, pero non deron atopado a data exacta”, aínda que, en calquera caso, pódese afirmar sen lugar a dúbidas que “conta con centos e centos de anos de antigüidade ás súas costas”, estando vinculado a antigos rituais de fertilidade e ciclos agrícolas. Con todo, a celebración non se mantivo intacta ao longo do tempo, habendo certas partes da mesma que se perderon e que agora se están tratando de recuperar. Por iso, aínda que a figura central deste Entroido e pola ampla maioría da sociedade coñecida é a do Oso de Salcedo, que atrae a moitos visitantes, nos últimos anos reivindicouse tamén a presenza na festividade dos Disfraces de Campo.

Oso de Salcedo. Foto cedida.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...