HomeCulturaCase 1.300 persoas participarán do Desfile do Martes de Entroido en Monforte

Case 1.300 persoas participarán do Desfile do Martes de Entroido en Monforte

Este martes, 4 de marzo, o Concello de Monforte celebrará o seu día grande do Entroido co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido no que hai 1.275 participantes inscritos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No gran Desfile e Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido que organiza o Concello de Monforte anotáronse este ano, nas diversas categorías de comparsas, 15 colectivos, e nas categorías individuais de 1 a 3 compoñentes, 11 inscricións. De concellos de fóra de Monforte, anotáronse 14 comparsas diferentes, provintes de concellos tanto da provincia de Lugo, en concreto, Sober, Sarria, O Saviñao e Pobra de Brollón, como doutros concellos de Galicia, como Nogueira de Ramuín, Ourense ou Ferrol.

Para o concurso do Martes de Entroido o Concello establece dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 17.850€ en premios, que son 2.850€ máis que en 2024, un 19% máis. Para participantes de fora do Concello, este ano contarán con 3.150€ en premios, 850€ máis que en 2024, un 37% máis.  

O primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes será de 1.500 euros e no caso das que sexan de fóra, con máis de 25 compoñentes, ascenderá a 600 euros. Haberá premios de 300 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.

Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido

O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezará o martes 4 de marzo ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, dará a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluirá coa actuación da Orquestra Suavecito.

O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido. Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...