HomeEconomíaAceite gourmet made in Taboada

Aceite gourmet made in Taboada

Co comezo do ano arrinca no concello de Taboada unha nova empresa de produción de aceite agroecolóxico.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto, que se pon en marcha o vindero mes, supón a plantación de 10 hectáreas de oliveiras e a construción dunha Almazara para a produción de aceite agroecolóxico. Este modelo de negocio busca comercializar aceite completando o ciclo produtivo: plantación, recollida, extracción, transformación e comercialización directa, co fin de facer o modelo máis rendible.

O carácter reducido da explotación vai encamiñado a obter un aceite dunha alta calidade, a través dun produto saudable e de cercanía. Ademais, este xeito de produción fai posible a comercialización deste produto como “gourmet”, tanto polos estándares no proceso de produción como na cantidade, moi limitada en comparación con outras explotacións.

A inversión inicial para desenvolver este negocio e de 132.500,00€, dos que 10.000 euros son aportación da Deputación a través dos premios Emprendemento no rural, unha iniciativa que pretende fomentar a creación de empresas e de emprego no rural.

Os outros catro premiados que se deron a coñecer son iTechTerm, proxecto da Terra Chá que desenvolve un sensor de monitorización de temperatura para vacas de leite; Radis, unha empresa de detección de Radón; o Centro Residencial San Vicente, unha residencia para persoas maiores en Rábade; e Cantina Albergue Camiño de Santiago, un albergue en Palas de Rei. Estes modelos de negocio xerarán a medio e longo prazo uns 30 novos postos de traballo en zonas rurais da provincia

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...