HomeDeportes7 medallas e un 2º posto para o Club Quixós este domingo...

7 medallas e un 2º posto para o Club Quixós este domingo en Salvaterra do Miño

O equipo monfortino competía este pasado domingo na I Copa Galega Promesas de Slalom 2025.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Unha delegación do Club de Piragüismo Quixós desprazouse este domingo ata terras potevedresas, concretamente ata a praia de Cordeiro, en Salvaterra do Miño, para competir na 1ª Copa Galega de Promesas Slalom.

O circuíto deseñado para a ocasión, no río Tea, non era moi dificultoso e notouse na relativa facilidade coa que descenderon os e as participantes. Do club monfortino os competidores foron todos homes, non tendo representación feminina actualmente nestas categorías inferiores.

MEDALLEIRO

O Quixós volvía a Monforte con 7 medallas no apartado individual e un 2º posto por equipos detrás do Club Deportivo Miño-Os Teixugos.

Podium por equipos. Foto: XMF.

Manuel Rodríguez Pérez acadou unha prata en C1 alevín, e un bronce en K1 alevín.

Antón Liñares levou un ouro en C1 alevín, e unha prata en K1 alevín.

Xoel Fernández Méndez tamén tivo un ‘dobrete’, pero de pratas. Unha en C1 infantil e outra en K1 infantil.

Finalmente, Breixo Fernández Méndez, acadou un ouro en K1 benxamín.

Un deportista do Quixós encarando unha porta no descenso. Foto: XMF

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...