HomesociedadeA Deputación licita por 550.000€ dous proxectos que mellorarán 8 estradas nos...

A Deputación licita por 550.000€ dous proxectos que mellorarán 8 estradas nos concellos de Taboada, Monterroso e Chantada

As actuacións en todas estas estradas consistirán na reapertura de cunetas, a reparación de desperfectos e a repavimentación das vías. O prazo de execución deste proxecto será de tres meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Taboada, mellorarase un tramo de 14 quilómetros da LU-P-4905, a estrada que conecta Portomarín e o enlace coa vía autonómica LU-633. As obras, que afectarán ao treito comprendido entre entre o quilómetro 10,652 e o 24,631 na parroquia de Vilarbasín, en Portomarín e a de Bembibre, en Taboada, consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de imperfeccións, repavimentación e reposición da sinalización vertical.

Pilar García Porto subliñou que “estes traballos mellorarán notablemente as comunicacións entre ambos concellos, xa que é a estrada máis directa entre ambas, e tamén ós veciños e veciñas das diferentes parroquias ás que dá servizo directo”. Ademais, con este proxecto que sae a licitación por un prezo de máis de 240.000€ mellorarse a totalidade da LU-P-6003 que, con algo máis de dous quilómetros, conecta Couto, en Taboada con Viloíde, en Monterroso.

En Chantada, a Deputación acometerá melloras en varios tramos de seis estradas por un importe de máis de 300.000 euros. A actuación incluirá máis de 8 quilómetros da LU-P-1002, que conecta a Barrela coa Tilleira, desde o quilómetro 6, á altura de Esmoriz ata o quilómetro 14. Tamén se mellorará a totalidade da LU-P-1802, que une Chantada co Encoro de Belesar, e un medio quilómetro da LU-P-1803, que vai de Camporramiro a Castro de Carballedo, á altura da parroquia de Vilaúxe. Tamén, na totalidade da LU-P-1805, que conecta Seixo e Esmoriz, e os tres últimos quilómetros da LU-P-1806, que une Garabelos con Santa Rosa, así como os primeiros 100 metros da LU-P-11818, que enlaza coa N-540 á altura da parroquia de Pereira.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...