HomeCulturaA nena e o grilocamiño das cores, da compañía Magín Blanco, en...

A nena e o grilocamiño das cores, da compañía Magín Blanco, en Monforte

Esta obra destinada a público infantil e familiar representarase o 16 de marzo ás 18:00 h. no Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra para público infantil e familiar (a partir de 4 anos), A nena e o grilo camiño das cores, da compañía Magín Blanco, obra composta por Magín Blanco e Pepablo Patinho, dirixida por Pepablo Patinho e coa interpretación de Montse Piñón López, Pedro Pablo Patiño Peña, Jorge Casas Caneiro, Magín Blanco García e Pablo Vidal Mendoza.

No que respecta ao prezo, este será de 5 euros para entrada xeral e 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

SINOPSE

A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro
Ghazafelhos
xunto á Banda das Apertas en directo. É a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego. O fío condutor desta peza son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva.

A Nena, xunto coa Banda das Apertas que a acompaña, emprenderá unha viaxe chea de
aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...