HomeEconomíaA D.O. Ribeira Sacra presente en ProWein 2025

A D.O. Ribeira Sacra presente en ProWein 2025

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente en ProWein 2025, unha das feiras internacionais máis importantes do sector vitivinícola, que se celebra en Düsseldorf, Alemaña, do 16 ao 18 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ProWein, evento que se desenvolve en Düsseldorf, Alemaña, do 16 ao 18 de marzo é unha referencia na industria do viño e das bebidas espirituosas, coa participación de expositores de máis de 60 países e a asistencia de profesionais do sector, incluíndo compradores e distribuidores. A presenza do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra nesta feira forma parte da súa estratexia de internacionalización e reforzo da súa rede comercial en mercados exteriores.

Nesta edición, a superficie expositiva do Consello Regulador incrementouse respecto a anos anteriores, acadando os 70 m² dentro do stand de AGACAL, Xunta de Galicia. Este crecemento responde ao interese por dar a coñecer os viños da D.O. Ribeira Sacra e facilitar a interacción cos distintos actores do sector.

As adegas que participarán como co-expositoras no stand do Consello Regulador son: Don Bernardino, S.L., Dominio do Bibei, S.L.U., Bodegas Ribada, S.L., Adega Saiñas, C.B., Pilares de Belesar, S.L.U., Terrazas de Outeiro, S.L., e Adega Algueira, S.L.

Ademais, outras adegas da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes na feira: Rectoral de Amandi, Ponte da Boga, Vía Romana e Regina Viarum.

A Denominación de Orixe tamén estará presente cun túnel do viño onde se poderán degustar 40 referencias seleccionadas, que inclúen 9 viños brancos, 1 rosado e 30 viños tintos de 13 adegas diferentes.

O Consello Regulador estará situado no stand E50-07 do pavillón 11, dentro do espazo de AGACAL.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...