HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra fai balance dun excelente 2018

A D.O. Ribeira Sacra fai balance dun excelente 2018

A Denominación de Orixe considera que o ano que está a piques de rematar foi moi positivo tanto para o sector, cun incremento da calidade, dos premios e recoñecementos, como para o territorio.

Publicado o

- Advertisement -

O III Congreso Internacional da Auga trouxo á Ribeira Sacra, neste 2018, a conferenciantes vidos de diferentes países, que puideron coñecer de primeira man a viticultura heroica e a riqueza patrimonial do románico neste territorio. Tamén se recibiu a visita dun importante grupo de sumilleres, responsables de restaurantes en Nova York e Nova Jersey e dun grupo de importadores rusos. O interese polos viños desta Denominación tamén trouxo á Ribeira Sacra aos xornalistas que participaron na International Galician Wine Week e durante a vendima, a axencia Efe realizou unha reportaxe que ten como destino o público anglosaxón. Outro feito imporante foi que Barak Obama pediu brindar cun Mencía da Ribeira Sacra no Cumio da Economía Circular celebrado en Madrid en xullo, despois de facelo durante 3 anos, sendo presidente, na cena de gala que presidía no “Congressional Hispanic Caucus” en Washington.

Viñedos de Doade. Foto: Marga Méndez

Neste ano, a colleita do 2017 recibía a cualificación de excelente na Cata de Calificación dos viños da Ribeira Sacra, algo que non acontecía desde o 2000. Con esta cualificación daba comezo un ano cheo de premios e recoñecementos, entre outros, nos seguintes  certames:

  • Premios Bacchus 2018
  • Concurso nacional de Pequenas D.O.
  • Concurso Catavinum WordWine & Spirits Competition 2018
  • 7 medallas na I Edición do Concurso de Viños Vinespaña 2018.
  • 13 medallas no 26 Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes”.
  • Na “XXIV Cata dos Viños da Ribeira Sacra”, o panel de cata destacou a calidade dos viños e os resultados acadados cos viños envellecidos.
  • 3 premios aa XXX Cata dos Viños de Galicia
  • Na Guía Peñín, a Ribeira Sacra foi a mellor puntuada de Galicia e cuarta de España, cunha media de 89,89 puntos.
  • 2 medallas no maior certame internacional de viños de España e Portugal, “VinDuero-VinDouro”.
  • Vencedora no concurso “Distinciones Gallaecia” na categoría de viños.
  • 20 adegas recibiron premios da Revista HG&T á calidade dos seus viños.

O 2018 foi tamén un ano de boa vendima, con algo máis de 6 millóns de quilos de uva de moi boa calidade recollidos. A vendima na Ribeira Sacra estase convertindo tamén nun importante motor económico, xerando este ano, preto de 3.000 empregos directos, que supuxeron case 3 millóns de euros en salarios. A Denominación tamén aprobaba en outubro a ampliación das variedades autorizadas, a posibilidade de producir viños rosados e incorporaba novos territorios.

Vendima na Ribeira Sacra / XdL

A promoción segue a ser un dos pilares desta Denominación e non faltou a Enofusión, Fitur, Xantar, Prowein, Alimentaria, Intervin, Gourmets, Galicia 31: experiencias de calidade, o II Día Movemento Viño D.O.,…ademais de volver a ser etapa de La Vuelta Ciclista a España. O 2018 foi o ano de consolidación do II Festival do Viño da Ribeira Sacra e o ano no que realizou a itinerancia por Galicia da exposición, 25 anos de Ribeira Sacra. A Denominación colaborou co “Estase cocendo”, “Cume Tapas de Monforte”, “Cociña con castaña de Galicia”, “Mira quien cocina especial Barbacoa” de Ternera Gallega ou os concursos de tapas “Picadillo” e “Concurso Tapas Lugo 2018”.

De cara o futuro a Denominación segue apostando polo enoturismo, a través da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e convencida de que a vitivinicultura é o principal motor económico deste territorio, polo que produce e factura, pero sobor de todo, pola capacidade que ten de estimular o desenvolvemento doutras actividades. A declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural como paso previo a optar a ser Patrimonio Mundial da Unesco é a mellor das noticias para pechar este 2018 e afrontar o 2019 con ilusións renovadas por todo o territorio da Ribeira Sacra.

Copa con viño da Ribeira Sacra/Imaxe de VinoSacra.es

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...