HomeDeportes51.000€ para mellorar a eficiencia enerxética no Campo de Fútbol dos Medos

51.000€ para mellorar a eficiencia enerxética no Campo de Fútbol dos Medos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o campo de fútbol dos Medos, na Pobra do Brollón, para comprobar as melloras de eficiencia enerxética realizadas co apoio do Goberno galego. As obras contaron cunha achega de 51.600 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, dotado con 5 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As melloras centráronse no sistema de auga quente sanitaria, coa colocación de bombas de calor, no sistema eléctrico, coa substitución de luminarias e outras instalacións, e na cubrición con sistemas a base de panel sándwich. Segundo sinalou a directora xeral, os obxectivos das actuacións son favorecer o aforro enerxético e asegurar o máximo confort na práctica da actividade deportiva.

Natalia Prieto lembrou que desde a semana pasada xa está aberto o prazo da nova convocatoria das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética, dirixida a concellos de menos de 15.000 habitantes, e animou as administracións locais a solicitalas. O orzamento para este exercicio mantense nos 5 millóns de euros.

Ademais de darlle prioridade a instalacións deportivas, educativas, sociais, sanitarias ou culturais, nesta liña valórase o tipo de investimento, con maior puntuación para a instalación de caldeiras alimentadas con enerxías renovables ou reformas de cubertas. A maiores, téñense en conta as melloras da envolvente térmica, na instalación eléctrica ou na iluminación, entre outras, así como a necesidade específica das actuacións previstas.

Achegas de ata 60.000 euros

As achegas poden ascender ata os 60.000 euros por concello, sen que a contía poida exceder o custo da actuación, que debe ser dunha única fase e supoñer a posta en servizo inmediata do proxecto.

A directora xeral explicou que a través desta medida se busca atender as necesidades das localidades de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia. No pasado exercicio houbo case un cento de concellos beneficiarios en toda Galicia. Deles, 18 son da provincia de Lugo, que recibiron achegas que suman máis de 900.000 euros.

A iniciativa enmárcase no apoio da Xunta ás administracións locais, co Fondo de Cooperación Local como instrumento central de colaboración económica para garantir a suficiencia financeira dos concellos. Natalia Prieto lembrou que neste exercicio o Fondo de Cooperación Local medra ata os 168 millóns de euros, 10 millóns máis que en 2024.

As obras no campo de fútbol Os Medos forman parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello da Pobra do Brollón co apoio da Xunta a través das distintas ordes de axudas ás administracións locais. Neste marco de actuación o Goberno galego investiu nos últimos anos máis de 253.000 euros neste municipio.

A directora xeral de Administración Local visita Os Medos / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...