HomesociedadePolamiúda organiza este 22 de marzo en Chantada a palestra "Padroado de...

Polamiúda organiza este 22 de marzo en Chantada a palestra “Padroado de Protección á Muller. Control e represión institucional (1941-1985)”

A asociación feminista Polamiúda organiza este sábado, 22 de marzo, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada a palestra 'Padroado de Protección á Muller. Control e represión institucional (1941-1985)'

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O padroado de Protección á Muller foi una institución creada no franquismo e pechada ben entrada a democracia que tiña como finalidade “reconducir” ás mulleres consideradas “fóra do patrón da moral cristiá”. As ordes relixiosas que xestionaban esa institución foron cómplices e facilitadoras de vexacións, privacións de liberdade, humillacións e todo tipo de abusos e conseguiron que o tema quedase no esquecemento ata hai ben pouco.

A palestra comezará coa proxección da curta Una dedicatoria a lo bestia do colectivo feminista NUCBEADE, que leva dende os seus inicios construíndo e rescatando relatos fóra da historiografía hexemónica. Posteriormente comezará a palestra na que intervirán a avogada e docente en igualdade Silvia Fernández Quinteiro, viúva ademais de Eva García de la Torre -ex alcadesa do Porriño e patronata-, e a xornalista e investigadora especializada en Memoria Histórica e Feminismo, Montse Fajardo, principal voz no académico sobre o Padroado no noso país que o pasado ano gañou o Premio Xohana Torres de Ensaio precisamente sobre esta temática.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...