HomesociedadeRibeira Sacra do 23 ao 25 de marzo no Fórum Gastronómico da...

Ribeira Sacra do 23 ao 25 de marzo no Fórum Gastronómico da Coruña

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participa no Fórum Gastronómico da Coruña, que se celebra entre o domingo, 23 de marzo, e o martes, 25 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este evento é unha das citas máis relevantes do sector gastronómico en Galicia e un escaparate privilexiado para os viños da nosa denominación.

Este ano, no Túnel do Viño haberá unha selección de 25 viños pertencentes a 9 adegas de Ribeira Sacra. 7 viños brancos e 18 tintos, que permitirán aos profesionais do sector e ao público asistente descubrir a diversidade e a calidade das elaboracións nesta D.O.

As adegas participantes no Túnel do Viño son:

  • Adega Ponte da Boga
  • Alouviño
  • Rectoral de Amandi
  • Carlos Fernández – Viña Frieira
  • Pazo da la Cuesta
  • Regina Viarum
  • Ronsel do Sil
  • Tolo do Xisto
  • Viñas de Belesar – Mauricio Lorca

Ademais, Ribeira Sacra contará cun espazo dentro da caseta común de todos os viños das Denominacións de Orixe de Galicia, organizado por AGACAL. O Consello Regulador tamén organizará tres catas dentro das diferentes accións que se desenvolverán ao longo dos días do evento.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...