HomePolíticaPor Chantada demanda unha "cobertura sanitaria suficiente" na comarca

Por Chantada demanda unha “cobertura sanitaria suficiente” na comarca

A candidatura de unidade popular, Por Chantada-IGV levará ao vindeiro Pleno da Corporación municipal unha moción que procura unha cobertura sanitaria suficiente na comarca

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal xa presentara outras mocións ao respecto na lexislatura pasada, pero a situación asistencial da veciñanza chantadesa, tanto no Hospital Comarcal de Monforte como no Centro de Saúde da Chantada “segue sendo insuficiente e viuse degradada nas últimas semanas, como temos advertido no tocante ao centro de saúde”, aseguran.

No Centro de Saúde afirman que “non contan co suficiente persoal (semanas con só dúas persoas facultativas máis outra para peonadas) enfrontádonse con listaxes de agarda para probas ordinarias que poden chegar a pasar do ano e medio e con tempos intolerábeis en probas diagnósticas urxentes, como no caso de tumores; é das poucas comarcas que non conta coa Hospitalización no fogar (HADO) atinxindo dun modo directo a doentes crónicos que pola súa condición sofren a penosidade da carencia diste servizo; falta unha segunda equipa no PAC; e cóbrense permisos, licenzas ou feiras saturando o resto de persoal.”

A isto engaden a situación de falta de especialistas do Hospital de Monforte, “recórrese a peonadas e atenciós intermitentes que devalúan a atención e eternizan as listaxes de agarda; non existen urxencias pediátricas e a saúde mental nen está nen se agarda”.

Lembran que a Valedora do Pobo instou a Xunta a «avanzar na toma de medidas para cumprir o ditame”. Solicitan coa moción “obrigar á Xunta da Galiza a reparar todas estas eivas, xa que o que está en xogo é a saúde das persoas”.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...