HomeDeportesÉxito do Quixós na 1ª Copa de España celebrada en terras catalás

Éxito do Quixós na 1ª Copa de España celebrada en terras catalás

Bo comezo a nivel nacional do club monfortino que conqueriu un 2º posto por equipos tras competir en Sort e Camarasa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta pasada fin de semana, 22 e 23 de marzo, celebrouse a 1ª Copa de España das modalidades de Sprint e Clásica nas localidades de Sort e Camarasa respectivamente. Ata alí desprazouse unha expedición de piragüistas do club Quixós de Monforte rematando en total con 9 medallas individuais e un segundo posto por equipos.

Na modalidade de Sprint, celebrada en Sort, as medallas acadadas foron para Noa Díaz, ouro en K-1 e prata en C-1 senior; Diego, bronde en C-1 senior; Ximena, bronce en C-1 senior; e Iván, bronce en K-1 veterán.

Na modalidade de Clásica, celebrada en Camarasa, as medallas foron para Noa Díaz, bronce en C-1 senior; Sara, bronce en C-1 senior, Diego; bronce en C-1 senior; e Santi Díaz, bronce en K-1 veterán.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...