HomesociedadeDo 4 ao 14 de abril celébrase o 'Val de Quiroga de...

Do 4 ao 14 de abril celébrase o ‘Val de Quiroga de Tapas’

Dez establecementos serán os que participen este ano, seis de Quiroga: O Portón, A Botica, Chapacuña 3, Matrioshka, Lago e Ruxe-Ruxe; e e catro de Ribas de Sil: A Cabina, Las Vegas, Restaurante Praia Fluvial e Mesón Luís.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre o 4 e o 14 de abril desenvolverase a décimo terceira edición do Val de Quiroga de Tapas. O funcionamento  do concurso será o mesmo que en anos anteriores. A tapa que cada establecemento presenta a concurso, a un prezo de 2 €, deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12:00 e as 14:30 e as 19:00 e as 22:30. Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas participantes poderá votar a súa favorita utilizando o mesmo tapacartón poñendo o nome da que elixe como gañadora e os datos da persoa participante e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso. Os concursantes terán de prazo ata o último día do concurso, o día 14, ás 23:00 h para depositar os cartóns con todos os selos en calquera das urnas situadas en cada establecemento participante.

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100€ en metálico. Ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios.  200€ e 100€ en metálico; unha ruta en Segway para dúas persoas atas os miradoiros de Pena do Castelo e Soutochao con Enoturismo Galicia; menús para dous en Abadía san Simón (ovos rotos con bogavante), en Torre Vilariño ou en La Fábrica (menú pechado); un paseo a cabalo para unha persoa en Hípica Os Trancos; ceas ou comidas para dúas persoas en Chapakuña 3, Ruxe-Ruxe, Praia Fluvial, A Botica ou o Portón; unha estancia para dúas persoas con almorzo no Hotel- Restaurante Las Vegas; cea, aloxamento e almorzo para dúas persoas na Ferrería Quintá; dúas botellas de viño da adega Val do Frade de Vilachá ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Caurelor,  EDV 2015, Val de Quiroga e Lar de Ricobao.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...