HomesociedadeInaugurado no cemiterio de Celanova o Memorial dos 90 de San Breixo

Inaugurado no cemiterio de Celanova o Memorial dos 90 de San Breixo

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova impulsou esta homenaxe no cemiterio parroquial de Celanova, onde teñen sido documentados os enterramentos de 90 vítimas da represión fascista entre 1936 e 1943. Entre elas a do guerrilleiro monfortino, Ramón Yáñez Pereira, asasinado polas forzas de represión franquista o 13 de xullo de 1943 na Caseta de Ansemil (Celanova)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Comité, coa colaboración do Goberno de Asturias e outras asociacións de memoria, localizou até o momento 16 familias de represaliados que figuran no memorial. Son nove familias asturianas, unha galega, unha andaluza, unha estremeña, dúas leonesas e dúas madrileñas. Os nomes dos seus familiares enterrados en San Breixo son Gaspar Fernández, Ángel Santos González, Mariano Panizo, Abelardo Suárez, Baldomero Vigil-Escalera, Marcelino Fernández, Victoriano Fernández Moreno, Gerardo Tovar, Francisco Fernández Llaneza, Victoriano López, Francisco Moreno, Hermenegildo Crespo, Ramón Yáñez, Manuel Gregorio Nieto, Constantino Tuero Amandi e Juan Masa Chamorro, o último dos falecidos, o 27 de agosto de 1943.

Entres estes, hai cinco mortes violentas documentadas: as dos tres asturianos fusilados o 22 de setembro do 39; a de Francisco Morena Medina, asasinado dun tiro no cárcere o 21 de xaneiro do 43; e a do guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira, metrallado por policías e gardas civís o 13 de xullo do mesmo ano. Ademais, malia que a súa causa de morte indica unha enfermidade intestinal, a familia de Mariano Panizo, libreiro castelán afincado na conca mineira de Asturias, recibiu información de que morreu como consecuencia dunha malleira.

O Memorial consiste nunha peza de ferro coa inscrición nas caras exteriores dos nomes de todas as vítimas, obra do artista celanovés, Baldomero Moreiras, que se ergue sobre unha sepultura baleira no centro do xardín no que se exhumou a fosa dos asturianos en 2022. O Memorial foi financiado con fondos estatais do programa de exhumacións 2021-24, e estará acompañado por un elemento memorialístico que vincula o lugar con outros cemiterios do país nos que o equipo coordinado polo Grupo Histagra da USC interviu outras fosas. 

Gaspar Fernández, Manuel Fuentes Canal, Constantino Díaz Tuya, Abelardo Suárez, Francisco Moreno, Ángel Santos, Hermenegildo Crespo, Ramón Yáñez e Marcelino Fernández, nove dos 90 de San Breixo / Memoria Celanova

ÚLTIMAS

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...