HomeSucesosNoite de altercados en Sarria cun mozo detido por golpear e insultar...

Noite de altercados en Sarria cun mozo detido por golpear e insultar á súa exparella

O mozo detido protagonizara tamén un altercado sobre as 6.15 desa mesma mañá.

Publicado o

- Advertisement -

Un mozo de menos de 30 anos resultou detido na mañá do domingo en Sarria, por violencia de xénero, no transcurso dunha noite de intervencións policiais por dúas pelexas nocturnas. O mozo foi detido en casa da súa exparella, onde acudiu, pasadas as 7.00 da mañá a recoller unha videoconsola. Segundo relatan os axentes, o home, moi alterado, proferiu varios golpes e insultos, polo que a nova e a súa nai requiriron a presenza policial. Os axentes, tras tranquilizar ao home, decidiron detelo, xa que as dúas mulleres acusáronlle de agresións físicas, en forma de golpes e berros, e activouse o protocolo ‘VioGén’.

O mozo detido protagonizara tamén un altercado sobre as 6.15 desa mesma mañá na avenida da Liberdade, preto do lugar coñecido como Bulevar. Nese momento, segundo denunciou, foi agredido por dous homes na vía pública cunha botella, sen que transcendese o motivo. A Policía Local de Sarria, que contou co apoio da Garda Civil, investiga a posible implicación de máis persoas neste feito a través do visionado de cámaras e as declaracións das testemuñas. O detido tivo que ser atendido na PAC por feridas leves tras esa pelexa. Previamente, sobre as 4.00 da madrugada, os axentes interviñeran na mesma avenida noutra disputa, en principio non relacionada coa anterior, pola que varias persoas tamén tiveron que ser atendidas por contusións, ningunha delas de gravidade, entre eles algunhas persoas que quixeron mediar para evitar a pelexa.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...