HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada inviste 53.000€ na adecuación da contorna da igrexa...

O Concello de Chantada inviste 53.000€ na adecuación da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira

As obras que comezarán en canto se dispoña de todos os permisos necesarios, consistirán na eliminación do cableado eléctrico aéreo mediante o soterramento das liñas e a pavimentación dos camiños nos tramos polos que discorren as canalizacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada conta cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 30.000€ para acometer melloras na contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, templo declarado BIC (Ben de Interese Cultural) a finais do 2018 cando obtivo este recoñemento a paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Con todas as actuacións mellorarase a accesibilidade do templo e a seguridade destas instalacións que son un importante recurso turístico en Chantada polas súas pinturas murais e o espazo que ocupa a igrexa co Miño ao fondo.

Con esta subvención para melloras das infraestruturas turísticas, o Concello de Chantada quere fomentar a consolidación turística nas zonas rurais coa posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística. “Levamos anos tentando conseguir financiación para solucionar o tema das liñas aéreas na igrexa de Nogueira de Miño, así que poder executar esta obra é unha moi boa nova. Retiraranse os postes de formigón e instalaremos novas luminarias para ofrecer unha mellor imaxe do noso patrimonio”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela que anuncia que desde o concello se traballa para acometer outras melloras na contorna desta igrexa.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...