HomesociedadeO 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Diócese de Lugo impulsan un programa piloto para a apertura de igrexas románicas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un destino de gran valor patrimonial e cultural. As súas igrexas destacan pola arquitectura exterior e pola riqueza dos seus interiores, onde se conservan valiosas pinturas murais, retablos e outros elementos artísticos de gran interese.

Para favorecer a accesibilidade destes templos ao público, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración coa Diócese de Lugo, pon en marcha un programa piloto que facilitará abrir ao público unha selección de igrexas. Proposta como solución sostible a medio e longo prazo, adaptable en función dos resultados e a valoración dos visitantes.

A data de inicio do proxecto será o sábado, 12 de abril, e estenderase ata finais do mes setembro con visitas semanais ás igrexas de San Pedro de Bembibre (Taboada), San Xoán da Cova (Carballedo), San Miguel de Eiré e San Vicente de Pombeiro (Pantón), San Xillao de Lobios e San Vicente de Pinol (Sober), Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) e Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao).

A Diocese de Lugo, propietaria de bens de diversa índole no territorio de Ribeira Sacra é responsable do mantemento dos bens anteriores e do persoal ao seu cargo. Labor que realiza mediante fondos propios e tamén procurando a colaboración das administracións civís en cumprimento da normativa de patrimonio cultural vixente.

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra asume, pola súa parte, con cargo ao “Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra, compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua” (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONEU), o custo económico do proxecto. En concreto, os gastos do persoal encargado de abrir as igrexas e de recibir aos visitantes, os gastos de deseño gráfico, maquetación e produción dos soportes de comunicación, a contratación de publicidade, etc.

Igrexa San Pedro de Bembibre / Wikipedia

A reserva da visita poderá realizarse a partir deste luns, 7 de abril, a través da web do Consorcio (https://turismo.ribeirasacra.org/es/noticias/prueba-piloto-apertura-de- iglesias ) e terá unha tarifa base de 2€ por persoa, destinados a contribuir ao sostemento dos gastos de conservación e mantemento das igrexas. O proxecto piloto contempla diversas condicións de gratuidade e posibles bonificacións para grupos.

Con esta iniciativa, a Ribeira Sacra dá un paso mais na posta en valor do seu excepcional patrimonio románico na provincia de Lugo, facilitando o seu acceso a visitantes e promovendo un turismo cultural sostible e respectuoso coa contorna.

Calendario visitas igrexas

MARTES
10:00-12:00 Santa María de Nogueira de Miño (Chantada)
12:30-14:00 San Xoan da Cova (Carballedo)
16:00-18:00 San Vicente de Pinol (Sober)
18:30-20:00 San Xillao de Lobios (Sober)
MÉRCORES
10:00-12:00 San Miguel de Eiré (Pantón)
12:30-14:00 San Vicente de Pombeiro (Pantón)
16:00-18:00 San Pedro de Bembibre (Taboada)
18:30-20:00 Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
XOVES
10:00-12:00 Santa María de Nogueira de Miño (Chantada)
12:30-14:00 San Xoan da Cova (Carballedo)
16:00-18:00 San Xillao de Lobios (Sober)
18:30-20:00 San Vicente de Pinol (Sober)
VENRES
10:00-12:00 San Miguel de Eiré (Pantón)
12:30-14:00 San Vicente de Pombeiro (Pantón)
16:00-18:00 Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
18:30-20:00 San Pedro de Bembibre (Taboada)
SÁBADO
10:00-12:00 San Vicente de Pinol (Sober)
12:30-14:00 San Xillao de Lobios (Sober)
16:00-18:00 Santa María de Nogueira de Miño (Chantada)
18:30-20:00 San Xoan da Cova (Carballedo)
DOMINGO
10:00-12:00 Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
12:30-14:00 San Pedro de Bembibre (Taboada)
16:00-18:00 San Vicente de Pombeiro (Pantón)
18:30-20:00 San Miguel de Eiré (Pantón)

San Vicente de Pombeiro / Consellería de Cultura

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...