HomesociedadeXornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou que o Plan autonómico de Intervencións Arqueolóxicas destinou o ano pasado 206.800 euros a impulsar dez actuacións na provincia de Lugo, seis delas na Zona Sur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde en 2024 se levou a cabo unha nova campaña de prospeccións e consolidación do xacemento financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con 25.000 euros. Estes traballos danlle continuidade aos desenvolvidos nos tres anos anteriores para estudar este mesmo espazo.

O encontro estivo organizado polo Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e entre os investigadores e profesionais que participaron nos relatorios e mesas redondas que se desenvolceron na Estación Científica do Courel figuraba o xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena. A actividade contou con visita guiada ao Monte Cido.

Monte Cido xornadas / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...