HomesociedadeInscricións abertas na Formación Universitaria gratuíta para maiores que se desenvolverá en...

Inscricións abertas na Formación Universitaria gratuíta para maiores que se desenvolverá en Chantada en xuño

O Concello de Chantada colabora un ano máis no Proxecto de Democratización do Coñecemento que organiza a Universidade de Santiago de Compostela e que pretende difundir o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As 3 actividades formativas que se desenvolverán en Chantada no mes de xuño serán as seguintes:

Especies arbóreas da nosa terra, 11 e 12 de xuño de 16:30h a 18:00h. Dona Blanca Fraga Cimadevila, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, repasará as especies arbóreas da contorna.

Alimentación saudable, 13 e 19 de xuño de 16:30h a 18:00h. Don Alexandre Lamas Freire, investigador da USC e profesores colaboradores do Programa Universitario de Maiores abordarán o 134 de xuño, Alimentación e Xenes, un camiño de dobre sentido. O 19 de xuño, Don Salvador Fernández Rico investigador da USC achegará información sobre Alimentación segura e saudable.

Campesiños, curas e fidalgos: a vida cotiá na Galicia da época moderna, 20 e 24 de xuño de 16:30h a 18:00h. Don Tomás Manso Fraga e Don Mario Sixto Puente investigadores da USC e profesores colaboradores do Programa Universitario de Maiores, darán máis detalles desta temática. Na xornada do día 24 farase unha visita ao Mosteiro de Oseira.

Todas as actividades deste programa de democratización do coñecemento desenvolveranse no Telecentro de Chantada, excepto a saída a Oseira. Trátase dunha formación gratuíta pero con prazas limitadas ao aforo do telecentro polo que é necesario inscribirse na Casa da Cultura de Chantada.

Este tipo de programas formativos perseguen os seguintes obxectivos:

  • Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio
  • Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...