HomeEconomíaAta o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

No DOG deste 9 de abril publicábase a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á colleita en verde da viña en Galicia e se convocan para o ano 2025. IGV e Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas manifestan o seu descontento coa orde que consideran non se adapta ás necesidades reais do territorio e dos viticultores/as.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga). A colleita en verde é a destrución ou eliminación total dos acios de uvas de viñedos que se destinen á produción de uva para vinificación de maneira que se reduza a cero o rendemento da parcela, sen que poidan existir uvas sen vendimar na parcela de viñedo obxecto da axuda.

A parcela de viñedo deberá ter sido plantada previamente ás tres campañas anteriores a aquela na que se solicita a axuda, ter unha superficie igual ou superior a 500 metros cadrados, atoparse en produción e en bo estado vexetativo. A eliminación dos acios debe facerse de maneira manual. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos ata o 25 de abril. A resolución das parcelas e solicitudes admitidas será antes do 30 de xuño. Dende esta fecha ata o 15 de xullo deberá realizarse a eliminación dos acios A partir desta data a administración realizará controis sobre o terreo a todas as parcelas ás que se concedeu a subvención.

O importe da axuda abarca a suma de dous conceptos:

Primeiro: O importe de eliminación física dos acios que será o 50% do custo, considerado o custo de 1.547,57 €/ha se o realiza o viticultor e 2.499,78 €/ha se se fai mediante contratación externa ou persoal asalariado.

Segundo: O importe da compensación económica do 50 % do produto calculado de multiplicar o rendemento medio da parcela obxecto da axuda considerando para o seu cálculo a media aritmética das tres últimas campañas vitícolas por o valor da uva que é de 1,17 €/kg.

Para informar sobre estas axudas o consello regulador realizará as seguintes charlas

  • Día 14 de abril as 19:30 no Auditorio de Chantada
  • Día 15 de abril as 19:30 na Casa da Cultura de Sober
  • Día 16 de abril as 19:30  no Castelo de Castro Caldelas

Para calquera aclaración ou axuda para presentar a solicitude poden chamar o Consello Regulador Ribeira Sacra o número de 982410968 ou o email info@ribeirasacra.org.

SLG e IGV

Ao respecto da publicación desta orde o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas dirixiu un escrito á Consellaría do Medio Rural (CMR), solicitando resposta a varias cuestións relacionadas coa solicitude de colleita en verde para a Ribeira Sacra. Consideran que “os prazos son limitados e que os termos nos que se está a desenvolver a súa tramitación non se corresponden cunha vontade real de apoiar ás viticultoras/es”. Lamentan que non se teña dado resposta ás dúbidas que trasladaron fai un mes, “malia contar coa información solicitada”.

Pola súa banda desde IGV consideran que a orde discrimina á agricultura familiar e que está pensada só para os grandes grupos adegueiros. Seguen reclamando axudas directas para as persoas produtoras, tamén en autoconsumo, “sen as cales non existe a paisaxe que se quere converter en Patrimonio da Humanidade: hai que rescatar as persoas que manteñen a superficie amurada de viñedo”.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...