HomesociedadeNovo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

Novo parque infantil e zona de horto no colexio de Samos

A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo destinou 18.000 euros ás melloras no exterior do centro educativo, impulsadas polo Concello de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Rural e Mocidade, Daniel García, coñeceu no CEIP de Samos, as melloras realizadas nos espazos exteriores do centro co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Acompañado pola alcaldesa de Samos, Chus López e por familias do centro, o responsable provincial comprobou o resultado das actuacións, como a ampliación do parque infantil, no que se instalaron novos xogos, a creación dunha aula ao aire libre e o acondicionamento dun horto.

A alcadesa de Samos explicou que “ a renovación do parque con novos xogos creou un espazo máis inclusivo, para todas as nenos e nenos” e destacou as posibilidades “da nova zona verde, con parrais e bancais para ter un horto onde aprendan a cultivar e estar en contacto coa natureza”. Tamén valorou “a colaboración e implicación da asociación de nais e pais que continuamente achegan ideas e iniciativas para dinamizar o colexio”

Daniel García destacou “o interese que o Concello nos trasmitiu en atender estas demandas da comunidade educativa” e subliñou que “especialmente nos concellos rurais, nos que temos o desafío constante de manter a poboación, atender as necesidades da comunidade educativa, pola que pasa o futuro”.

A área de Mocidade destinou 18.000 euros ás obras deste centro, que o ano pasado celebrou o 40 aniversario e que conta cunha trintena de alumnas e alumnos de infantil e primaria, incluídas as nenas e nenos da Casa Niño, que tamén emprega as instalacións.

Colexio de Samos / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...