HomeDeportesQuixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

Quixós, terceiro posto na 2ª Copa galega de Promoción de Slálom

O club monfortino chegaba este pasado domingo a Pontevedra con tan só 4 piragüistas e acadou 5 medallas individuais coas que alcanzaron o terceiro posto por equipos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido (Pontevedra), onde están as instalacións da Federación Galega de Piragüismo, acollía este pasado domingo 13 de abril a II Competición de la Copa Galega de Promoción de Slálom 2025. O club campión foi o Club Deportivo Miño-Os Teixugos, e por detrás quedaron de segundo e terceiro o Club Piragüismo Penedo-Teimporta e o Club de Montaña Quixós, respectivamente.

Os monfortinos chegaban con moi poucos efectivos, tan só 4 piragüistas, pero aínda así os bos resultados colleitados con 5 medallas fixeron posible que o Quixós subise ao caixón.

Club Quixós, 3º por equipos. Foto: XMF
MEDALLEIRO

Manuel conqueriu unha medalla de ouro en C-1 e un bronce en K-1 alevín; Breixo gañou unha medalla de prata en K-1 benxamín; e Xoel colgouse dúas medallas máis na categoría infantil, unha de prata en K-1 e outra de bronce en C-1.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...