HomeTerra de LemosMonforte“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria Guerrero García e está inspirado na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria Guerrero García, no que o amor pola terra, a natureza e as raíces se converten en verso.

A obra percorre emocionalmente a contorna da Ribeira Sacra, con referencias a varios concellos da zona, como Pantón, Sober, O Saviñao ou Monforte de Lemos, entre outros. O libro estrutúrase en diversas partes que amosan a riqueza e diversidade do sentir e do vivir: “Lugares con alma”, “Amor”, “Reflexións e sentimentos”, “Monforte”, “Gastronomía e tradicións”, “Animais compañeiros”, “Natureza” e “Agradecementos”.

O poemario é unha homenaxe á paisaxe, ás xentes e ás vivencias que forman parte da identidade dunha das zonas máis fermosas e máxicas de Galicia.

Gloria Guerrero García, a autora, naceu o 9 de maio de 1961 en Monforte de Lemos e criouse en Ferreira de Pantón. Nesta primeira escolma de versos mergúllase na memoria, na experiencia e no sentimento. Actualmente reside de novo en Monforte, onde continúa escribindo a súa historia entre versos e pousadas memorias. Nos vindeiros días fará a presentación oficial do poemario da man de Peruchela Edicións.

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...