HomePolíticaJosé Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

O Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, foi reelixido este domingo como Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, tras recibir o apoio maioritario da militancia nas eleccións primarias celebradas esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial e voceiro en Paradela. A participación no proceso foi do 75%, cun total de 1394 votos emitidos sobre un censo de 1862 militantes.

Nada máis coñecer os resultados, José Tomé trasladou o seu agradecemento “a todas as compañeiras e compañeiros que decidiron participar con liberdade, ilusión e responsabilidade nun momento importante para a nosa organización, e que elixiron a miña opción”. Asegurou que esta reelección supón “un novo impulso para seguir traballando con forza, con humildade e cun compromiso profundo co noso partido e con todos os lucenses”. Ao tempo, que tamén tivo un agradecemento especial cara o equipo que organizou o proceso.

O líder provincial reafirmou a súa intención de consolidar os gobernos municipais socialistas, recuperar espazos perdidos, gañar novos concellos e seguir mantendo o goberno da Deputación de Lugo. “Gobernamos nas vilas máis grandes, a máis da metade da poboación, como Monforte, Lugo ou Vilalba”, detallou, ao tempo que avanzou que isto contribuirá á construción dun PSdeG en Galicia con José Ramón Gómez Besteiro.

Tomé tamén tivo palabras de respecto e recoñecemento para o seu compañeiro Iván Castro, agradecendo a súa participación no proceso. Pola súa parte, Iván Castro, felicitou a José Tomé pola súa vitoria e amosouse contento polos resultados obtidos e afirmou sentirse “respaldado polo partido. O proceso vai reforzar o partido socialista e a militancia pronunciouse, cremos que vamos saír reforzados e, dende logo, traballaremos no proxecto socialista”.

Con esta reelección, o PSdeG-PSOE da provincia de Lugo inicia unha nova etapa centrada en reforzar o papel das agrupacións locais, ampliar a presenza territorial do partido e seguir sendo útil á sociedade lucense dende o compromiso co público e coa igualdade de oportunidades.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...