HomesociedadeA Deputación inviste 230.000€ na vía que une Conturiz e O Páramo

A Deputación inviste 230.000€ na vía que une Conturiz e O Páramo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez, veñen de supervisar os traballos que desenvolve a institución provincial na estrada LU-P-2904, a vía que conecta Conturiz, desde a N-VI ata O Páramo coa vía provincial LU-P-4304, e na que a Deputación leva investidos preto de medio millón de euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras, que se iniciaron a pasada semana e contan cun prazo de execución de dous meses, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 3,717 ao 9, cun investimento da Deputación de case 230.000€. Os traballos que se están a realizar consisten na pavimentación con aglomerado en quente, tras a reapertura de cunetas. Posteriormente, procederase a pintar a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. 

O mandatario provincial sinalou a importancia destas obras pois “trátase dunha vía que dá servizo directo aos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, que é moi empregada pola veciñanza, e que ten moito desgaste polo tránsito de vehículos agrícolas”.

Este proxecto súmase ao que vén de adxudicar a institución provincial na Xunta de Goberno do pasado venres e que afectará ao tramo que vai de punto quilométrico 9 ao 13,4. A Deputación de Lugo adxudicou estas obras por algo máis de 200.000€.

José Tomé recordou que “vimos de anunciar un segundo paquete de obras dotado con 3,5 millóns de euros para acondicionar outros 120 quilómetros de vías ao seu paso por 20 municipios”.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...