HomesociedadeExitosa Festa das avoas e avós de Láncara

Exitosa Festa das avoas e avós de Láncara

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou o pasado mércores na 'Festa das avoas e dos avós de Láncara', unha cita xa emblemática no municipio que recoñece o papel fundamental das persoas maiores na sociedade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a ‘Festa das avoas e avós’ deste ano Isabel Rodríguez puxo en valor “a memoria, a tradición e a dedicación dunha xeración que fixo país” e destacou que moitas persoas maiores “son hoxe un piar fundamental das familias, tamén no ámbito económico e emocional”.

Rodríguez subliñou tamén o compromiso do Goberno de España co envellecemento digno e activo, a través de medidas como a revalorización das pensións ou o aumento dos recursos para a dependencia, e advertiu da importancia de reforzar a seguridade das persoas maiores fronte a situacións de violencia ou engano, destacando o papel da Garda Civil no desenvolvemento do Plan Maior.

No centro da imaxe Isabel Rodríguez e Pablo Rivera. Foto: Deleg. do Goberno en Lugo.

“A protección dos maiores non é só unha obriga legal, é unha responsabilidade ética que require o esforzo conxunto de todas as administracións”, asegurou a subdelegada, quen rematou a súa intervención cunha mensaxe de agradecemento: “Grazas por ser exemplo de traballo e resistencia”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...