HomesociedadeConta atrás para a 2ª edición das xornadas enogastroturísticas "Marida Maio"

Conta atrás para a 2ª edición das xornadas enogastroturísticas “Marida Maio”

Están promovidas pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e desenvolveranse no Centro de Viño en tres xornadas a celebrar os días 15, 22 e 29 de maio.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anuncia unha nova acción dinamizadora da hostalería, trátase do ‘Marida Maio’ que se desenvolverá no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos os seguintes xoves de maio: 15, 22 e 29.

No Marida Maio, que este ano chega á súa segunda edición, combínanse as presentacións dos viños das adegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros. Tamén se unen empresas turísticas da Ribeira Sacra para dar a coñecer os seus servizos.

Participantes no Marida Maio 2024. Foto: APEHL.

Todas aquelas firmas que queiran estar presentes no evento deben poñerse en contacto coa organización no teléfono 982 412 050 antes do 6 de maio.

O concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra colaboran nesta celebración patrocinada pola Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...