HomePolítica"Tomé segue facendo diferenzas entre veciños, agora co regadío", aseguran os populares...

“Tomé segue facendo diferenzas entre veciños, agora co regadío”, aseguran os populares de Monforte

Os concelleiros do PP de Monforte aseguran estar “sorprendidos” despois de que José Tomé asegurara que o arranxo da marxe esquerda da canle non só lle compete á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; senón tamén aos regantes “aos que, segundo o alcalde, se lles debe repercutir o gasto”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares formularon no último Pleno preguntas ao rexedor socialista sobre a previsión do goberno local para a marxe esquerda da estrada de servizo da canle de regadío, a rúa da Chorima “que se atopa en bastante mal estado e onde habitan bastantes residentes comunicando ademais zonas importantes de Monforte”.

Para o arranxo da marxe dereita o Concello asinaba un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pasando a ser a vía de titularidade municipal.

Os populares pregúntanse se os regantes da marxe dereita teñen unha categoría distinta e poden disfrutar dun arranxo que se lles nega aos da marxe esquerda, “ou se o que insinuaba o alcalde era que os gastos do arranxo que se realizará na marxe dereita se repercutirá aos regantes, é dicir, aos veciños de Monforte”, insisten.

A portavoz, Katy Varela, cre que “Tomé debe ser más rigoroso e claro cos seus anuncios e non facer diferenzas entre os veciños e veciñas de Monforte”.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...