HomesociedadeMercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

O evento terá lugar na Praza de Abastos, en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, e ofrecerá unha ampla variedade de produtos propios desta época do ano, como cogomelos, castañas, noces, mel, viño, queixos, embutidos e doces, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en sinal de respecto polo loito nacional decretado polo Goberno de España con motivo da traxedia ferroviaria de Ardu, Toledo. O Equipo de Goberno, en nome de toda a Corporación Municipal, traslada o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como a súa solidariedade con todas as persoas afectadas por este grave accidente.

A programación do Mercado incluirá actividades infantís e familiares vinculadas ao Samaín, como obradoiros para nenos e nenas, unha xincana temática, pintacaras e unha sesión de contos e lendas relacionadas con esta tradición.

As inscricións nas actividades realizaranse quince minutos antes do inicio de cada unha delas, ata completar as prazas dispoñibles.

O Mercado de Outono busca impulsar a actividade comercial e económica da cidade, dar visibilidade aos produtos de tempada e apoiar o traballo dos produtores e comerciantes da contorna. Con esta iniciativa, o Concello aposta tamén por dinamizar a Praza de Abastos e ofrecer á veciñanza unha proposta que combina comercio de proximidade, gastronomía e actividades de lecer para todas as idades.

PROGRAMA DO MERCADO DE OUTONO 2026

  • 10:00 h. Apertura do mercado.
  • 12:00 a 14:00 h. Obradoiros infantís “Benvido Outono”.
  • 17:00 a 18:30 h. Xincana do Samaín, organizada por grupos de idade, con tres pases, un cada media hora.
  • 17:00 a 18:00 h. Pintacaras tenebroso.
  • 18:30 a 19:30 h. Contos e lendas do Samaín.
  • 19:30 a 20:30 h. Produtos elaborados “con sabor a outono”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...