HomesociedadeA Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón,...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

Entre as medidas aprobadas, a xunta de goberno licitou obras de mellora en estradas provinciais ao seu paso por Paradela, Pantón, O Saviñao e Guntín. “Seguimos avanzando na mellora da nosa rede viaria, que conta con máis de 4.000 quilómetros, cun traballo constante para mellorar as comunicacións e a seguridade nos desprazamentos”, sinalou García Porto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos por 1M€ para mellorar a mobilidade provincial e municipal. Licitáronse por máis de medio millón de euros actuacións no sur da provincia, que inclúen a mellora da LU-P-4203, no concello de Paradela, no tramo que vai de Pacios a Trebolle, na parroquia de Vilarmosteiro. O proxecto conta cun orzamento próximo aos 300.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Os traballos permitirán renovar o firme dos primeiros catro quilómetros, limpar e recuperar as cunetas e mellorar a sinalización horizontal.

“Trátase dunha vía importante para as comunicacións da zona, xa que facilita os desprazamentos diarios da veciñanza e conecta diferentes núcleos rurais”, sinalou Pilar García Porto. Ademais, “esta vía dá servizo a lugares de interese patrimonial, como Friolfe, coñecido polo seu patrimonio arqueolóxico e románico, e San Martiño da Torre, onde se atopan os restos da Torre de Barreira, declarada Ben de Interese Cultural”, subliñou a deputada.

En Pantón, licítanse dúas intervencións. A primeira afecta á LU-P-3204, nun tramo de 520 metros dunha vía que conecta as parroquias de Moreda pola Vide. A segunda actuación desenvolverase na LU-P-4112, entre Pantón e O Saviñao, onde se mellorarán os primeiros seis quilómetros, desde Reguengo, en San Vicente de Castillón, ata Lamaquebrada, en Fión. O investimento conxunto destas dúas obras ascende a 250.640 euros e o prazo de execución previsto é de catro meses.

Entre outras cuestións a Xunta de Goberno acordou solicitar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) unha axuda de 300.000€ para poñer en marcha un servizo itinerante de acompañamento dixital nos concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes. A través do programa Tecendo no rural, a institución provincial quere achegar a formación e o apoio tecnolóxico á veciñanza, especialmente ás persoas maiores, axudándolles a utilizar as novas tecnoloxías e a realizar xestións dixitais sen ter que desprazarse.

ÚLTIMAS

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...