HomesociedadeTaller sobre o aproveitamento das frondosas caducifolias, o 16 de maio no...

Taller sobre o aproveitamento das frondosas caducifolias, o 16 de maio no Incio

A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración co Concello do Incio e dentro do proxecto ForestED, organiza o venres 16 de maio un taller sobre o aproveitamento das frondosas caducifolias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto ForestED ten como finalidade a obtención de novos produtos de madeira a partir de frondosas caducifolias e coníferas hoxe en día pouco consideradas a nivel comercial. O obxectivo é xerar produtos para a edificación, tanto estruturais como non estruturais (carpintaría de interiores, exteriores, etc.) e para mobiliario urbano.

A xornada programada para o venres, 16 de maio, no salón de usos múltiples do Concello do Incio está aberta a todas as persoas propietarias e xestoras forestais que estean interesadas na xestión forestal e nas posibilidades do aproveitamento da madeira para a construción, así como nas vantaxes das agrupación forestais de xestión conxunta.

A asistencia é gratuíta previa inscrición nos teléfonos 981 564 011 ou 918 752 214, ou enviando un correo electrónico ao enderezo afg@asociacionforestal.org

Un dos montes obxecto de estudo, en Laiosa

Dentro das accións desenvolvidas neste proxecto seleccionáronse tres montes obxecto de estudo en Galicia un en Zas, outro en Boqueixón e un terceiro no Incio, concretamente na parroquia de Laiosa. Neste monte de Laiosa, seleccionouse unha masa de carballo onde se fixo unha corta selectiva de pés que foron enviados a Cataluña para a súa análise, experimentación e transformación por parte dos socios tecnolóxicos do proxecto ForestED, o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña e o Centro de Ciencia e Tecnoloxía Forestal de Cataluña.

ForestED conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...