Homesociedade'Foliada Guímara' en Pacios da Veiga

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

Será a primeira de 2025 e celebrarase este sábado 10 de maio ás 20:30 horas no local social desta parroquia. Estará amenizada pola agrupación musical Érbedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias. Tamén se busca ofrecer un espazo no que o alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro poida poñer en práctica o aprendido durante o curso.

A foliada de Pacios da Veiga deste sábado 10 de maio comezará ás 20:30 horas e estará amenizada pola agrupación Érbedo. Haberá barra e os anfitrións, a Asociación Veciñal ‘Arnado’, ofrecerá caldo, polo que dende a organización recomendan levar cunca e culler.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...