HomeEconomíaMedio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e...

Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e a transformación dos produtos agrarios

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada por altos cargos do seu departamento, visitou esta semana as instalacións de Daveiga, en Chantada, no marco do Comité de seguimento rexional do Plan Estratéxico da PAC (Pepac).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que elabora Galletas Mariñeiras, un produto no que foi pioneira á hora de introducila no mercado e a cal conta cun gran potencial de crecemento. Por iso, puxo como exemplo a Daveiga da innovación dentro do sector agroalimentario pola que se aposta desde o Goberno galego.

María José Gómez sinalou que esta empresa é beneficiaria das axudas á transformación e comercialización de produtos agrarios, que están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), e a través das cales se lle concederon preto de 1,5 millóns de euros desde 2015 para a posta en marcha de diferentes proxectos encamiñados a consolidar a súa posición nos mercados.

Deste xeito, financiouse, entre outros, a construción e posta en marcha dun novo obradoiro industrial, así como adquisición de todo aquel equipamento necesario para desenvolver a actividade industrial da empresa, co obxecto de incrementar a capacidade produtiva. A maiores tamén se contribuíu á dotación dunha nova liña multiproduto de panadaría de longa duración e adaptada á elaboración de produtos sen glute, así como a instalación de máquinas na sección de envasado destas novas instalacións.

Daveiga visita conselleira medio rural / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...