HomeDeportesPantón celebra o 25 de maio a carreira popular Rota do Románico

Pantón celebra o 25 de maio a carreira popular Rota do Románico

A Rota do Románico Concello de Pantón terá lugar o domingo, 25 de maio, pola mañá. Esta cita deportiva que reúne cada ano a ducias de corredores de todas as idades é unha das propostas deportivas de máis traxectoria no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca o espírito deportivo e popular desta cita, e convida á veciñanza do concello e doutros lugares a participar para disfrutar de compartir os valores do deporte e da contorna que ofrece o percorrido da carreira.

As inscricións están abertas en www.championchipnorte.com ata o xoves 22 de maio ás 23:59 horas.

Para as/os menores establécense as seguintes categorías femininas e masculinas:

  • Mini (2021 e posteriores) cunha distancia de 50 metros
  • Categoría A (2018-2020) cunha distancia de 400 metros
  • Categoría B (2016-2017) e Categoría C (2013-2015) cunha distancia de 800 metros
  • Categoría D (2010-1012) cunha distancia de 1100 metros

Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Para a carreira absoluta (nados/as no 2009 e anteriores) que ten unha distancia de 6,27 quilómetros, estalécense tamen distintas categorías para homes e mulleres, con trofeos para os tres primeiros de cada categoría.

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (25 de maio) na carpa da organización, diante do edificio sociocultural de 09:30h a 11:30h. A saída das categorías menores comezará ás 11:00h e unha hora despois inciarase a categoría absoluta.

O regulamento da carreira recolle, entre outras cuestións, que non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos, o dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a sen poder facer ningunha modificación nel, e na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe proporcionado pola organización, excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu. Todos/as os/as atletas que rematen a proba recibirán avituallemento na zona habilitada pola organización.

ÚLTIMAS

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...