HomeCulturaTaboada e Chantada homenaxean ás cantareiras esta fin de semana

Taboada e Chantada homenaxean ás cantareiras esta fin de semana

Será coincidindo coa celebración das Letras Galegas con dous actos que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo nestes dous concellos do sur de Lugo. En Chantada tamén se presentará o primeiro episodio do proxecto 'Folcast'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 17, día propio das Letras Galegas, o Concello de Taboada organiza unha homenaxe á informante Francisca García (Casa de Recadeixe de Quinzán do Carballo, 1917-2008).

Será ás 18:00 h. no Cuartel Vello e o acto consistirá nunha conversa con Tereixa Novo, compoñente do grupo tradicional Fuxan os Ventos, ademais das intervencións musicais de Faia e o colectivo local Os Rechouchíos.

ACTO EN CHANTADA

O domingo 18 de maio terá lugar en San Vicente de Agrade, Chantada, unha homenaxe á cantareira Concha de Agrade e a presentación do proxecto Folcast, que dedica precisamente o seu primeiro episodio a esta muller, quen foi unha das informantes de Dorothé Schubarth para a elaboración do Cancioneiro Popular Galego.

Ás 12:00 h. poderase gozar da actuación da Coral de Chantada na misa de 12 na igrexa da devandita aldea e ás 13:00 h. está programada unha táboa redonda para falar da devandita cantareira.

Na mesa de conversas estarán Iria Castro, deputada provincial da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo; Alba María, investigadora e intérprete; Suso do Rei, fillo de Concha de Agrade; Xosé Gago, coordinador de Folcast; e Isabel Vigo, Técnico de APOI do Museo do Pobo Galego. No decurso deste encontro presentarase o primeiro capítulo do Folcast.

A continuación actuarán as pandereteiras de Dakidoasma e como remate convidarase ao baile e degustaranse uns petiscos colaborativos (cadaquén pode levar os petiscos que desexe, vasos e bebida).

FOLCAST

Folcast é un percorrido pola oralidade e a música tradicional de Lugo que impulsa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O proxecto foi presentado días atrás pola deputada de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro, e Xosé Gago, técnico de cultura da Pobra do Brollón e coordinador do mesmo xunto con Branca Villares. Este traballo estará formado por dez episodios que se irán difundindo ao longo do ano.

Iria Castro e Maite Ferreiro explicaron na presentación “que con esta proposta contribuímos tamén desde Lugo ao recoñecemento das pandereteiras e cantareiras e en xeral, das mulleres, como creadoras e conservadoras de literatura oral, tradicional e musical, historicamente invisibilizado”, mentres que Xosé Gago sinalou que “o obxectivo de Folcast é “crear un artefacto colectivo mediante entrevistas que ofrecen unha ollada ampla e poliédrica sobre o fenómeno”.

Presentación Folcast na Deputación de Lugo. Foto: Vicepesidencia da Deputación de Lugo.

Os episodios terán entre 45 e 60 minutos de duración e poderán verse na páxina web da Deputación de Lugo e en distintas plataformas, aínda que tamén se emitirán episodios especiais. No perfil de Instagram (@folcast_radio), poderase acceder a contidos.

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...