HomesociedadeUnha nova xornada do 'Marida Maio' no Centro do Viño da Ribeira...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Nesta ocasión participan o restaurante monfortino La Table d’Arnaud, as adegas Galanteiro e Soutelo, a marca Aceiroga e as empresas de ocio Bikarte Ribeira Sacra e Solpor Camperpark.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da segunda edición do Marida Maio, un evento patrocinado pola Deputación de Lugo e que ten como escenario o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. A organización corre a cargo da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl).

O Marida Maio é unha iniciativa que mestura gastronomía e turismo implicando a diversas empresas da comarca que achegan os seus produtos e servizos para dalos a coñecer ao público asistente que accede ao encontro previa reserva no teléfono 982 412 050.

Na segunda sesión desta edición colaborarán o restaurante monfortino La Table d’Arnaud, as adegas Galanteiro e Soutelo, a marca de aceite de Quiroga Aceiroga e as empresas de ocio Bikarte Ribeira Sacra e Solpor Camperpark de Sober. Ademais, haberá música en directo, coa actuación do solista Richard.

O músico Richard na primeira xornada de MArida Maio 2025. Foto: Delegación Lugo Sur da Apehl

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...