HomesociedadeA Ribeira Sacra entre os destinos do 'Coñece a túa provincia' desta...

A Ribeira Sacra entre os destinos do ‘Coñece a túa provincia’ desta semana

Este programa de viaxes de balde que organiza a Deputación de Lugo leva á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra a preto de 140 veciños e veciñas dos concellos da Fonsagrada, Lugo, Abadín, Quiroga e Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seis colectivos participan entre o martes e este venres 23 de maio nas diferentes rutas deseñadas pola institución provincial dentro do programa da 5ª edición de ‘Coñece a túa provincia’.

Tras as viaxes deste martes da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada, a Sober e da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias, de Lugo, a Foz; o mércores foi a quenda da Asociación Cultural O Caxigo, da Fonsagrada e da Asociación de Veciños de San Pedro de Aldixe, de Abadín. Os primeiros foron recibidos polo Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino, Carlos López, na visita que fixeron á Produtora de audiovisuais antes de poñer rumbo a Cervo. Os abadinenses viaxaron aos concellos de Ribas de Sil e Quiroga tras coñecer o conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba.

Para este venres, os colectivos de Souto do Val, de Quiroga, e a Asociación Cultural e Xuvenil Castro de Rei de Lemos, de Paradela, serán os protagonistas. Os primeiros farán a ruta de Mondoñedo e aproveitarán para visitar tamén a Granxa Gayoso Castro, mentres que os segundos visitarán o Pazo de San Marcos antes de poñer rumbo á Montaña con paradas en Piornedo e Navia de Suarna.

Nas viaxes do Coñece a túa provincia inclúese de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar de orixe, a póliza de seguros de viaxeiros, o menú de xantar e as entradas aos diferentes lugares da visita. Ademais, estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia, así como persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros incluídos nos itinerarios do programa.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...