HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

O BNG presenta ao pleno deste luns dúas mocións, nunha solicitan a conversión do tramo de acceso ao centro de saúde nunha rúa de plataforma única e noutra a instalación dun punto de información turística na zona da Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro de saúde, presenta actualmente unha configuración con beirarrúas elevadas, estreitas e pouco funcionais, o que dificulta seriamente o tránsito de persoas en cadeira de rodas, con
mobilidade reducida, ou que empuxan carriños de bebé. “En moitos casos, a estreiteza
das beirarrúas obriga a estes peóns baixar á calzada para poder continuar o seu
camiño, expoñéndose así a situacións de risco pola circulación de vehículos”, explican desde o BNG.

Para este espazo o BNG propón unha rúa de plataforma única, “a calzada e beirarrúa
elimínanse para crear un único plano, continuo e accesible, ofrecendo múltiples
vantaxes, como o de facilitar o tránsito sen obstáculos aos peóns ao eliminar os
bordos, obrigar a reducir a velocidade do tráfico rodado e, en definitiva, mellorar a
seguridade viaria e promover unha contorna máis inclusiva, integradora e amable”.

Por outra banda o BNG solicitará un punto de información turística na contorna da Compañía, “o aparcadoiro da Compañía é o punto de chegada da maior parte das persoas que nos visitan, desde viaxes organizados en autobús, até persoas que veñen de visita pola súa conta en coches particulares”. Así consideran que situar nas inmediacións un punto de información que oriente ás visitas “é un servizo que facilitará a articulación do turismo segundo os intereses do visitante”.

Lembran que o Concello de Monforte é Concello de Interese Turístico, o que dá
acceso ás liñas de axudas da Xunta para infraestruturas turísticas e financiar postos de traballo desta índole. “Se temos en conta que en Monforte se imparte un Ciclo de Turismo Guías, que capacita e habilita ao alumnado para o desenvolvemento deste traballo, temos que concluír que desde o goberno municipal deberían axudar a tecer pontes entre a oferta educativa e a creación de emprego, que ademais mellora a xestión turística do noso destino, e axúdanos a fixar poboación”, conclúen os nacionalistas.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...