HomeCultura"Profetas", este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

O Auditorio Municipal de Quiroga acolle a obra “Profetas”, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro aberta a todo o público, pero especialmente pensada para alumnado de 4º de ESO e Bacharelato do IES de Quiroga. A obra poderase ver con entrada libre e de balde o luns, 26 de maio, ás 12:45 h. no Auditorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas de Profetas, un espectáculo dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio que leva a escena a peza pola que o dramaturgo Ernesto Is obtivo o XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT Ribadavia en 2021. Para a súa montaxe contaron tamén coa colaboración da MIT, ademais do Concello de Lugo e das Deputacións de Lugo e A Coruña.

A obra presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. 

A montaxe mestura diferentes linguaxes escénicas e afonda no carácter híbrido do texto, combinando o traballo da interpretación co vídeo en directo, a utilización de máscaras e o movemento. A obra inclúe unha guía didáctica que servirá para que o alumnado do centro educativo poida realizar actividades que contribúan a unha mellor compresión e aproveitamento didáctico da mesma. 

A actividade está promovido polas Áreas de Dinamización Lingüística e Educación, Infancia e Igualdade do Concello de Quiroga e conta co patrocinio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

       

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...