Durante 3 días os establecementos asociados á ruta ofrecían descontos e actividades especiais para as persoas interesadas, ademais lévanse a cabo propostas enoturísticas promovidas por Turismo de Galicia que traen ao territorio a 350 persoas que queren coñecer máis da cultura, o patrimonio, a gastronomía e a tradición vitivinícola da zona.
Os participantes nas propostas de Turismo de Galicia contaron con visitas guiadas e degustacións nas adegas asociadas á Ruta do Viño da Ribeira Sacra: Adega Vella, Amedo, Bodega Proencia, Bodega Ribada, Cachín, Casa Moreiras, Rectoral de Amandi, Condado de Sequeiras, Finca Míllara, Ponte da Boga, Ronsel do Sil, Val de Quiroga e Vía Romana.

Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra 2025 / Ruta do Viño
Ademais do tradicional Bus do Viño, houbo diferentes propostas de Rutas Enoturísticas: Ouro, Aceite e Viño de Quiroga; Ruta do Románico de Sober; Entre Auga e Viño que levou aos participantes polo Miño na lancha Quinta Sacra desde o pantalán de Pincelo ata o da Míllara; Ruta do Camiño de Inverno para facer os codos de Belesar e Entre Miradoiros do Canón do Sil.

Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra 2025 / Ruta do Viño
Este ano comezouse coa Cata Maridaxe Viños e Flores, guiada pola sumiller, Mercedes González, no Centro do Viño da Ribeira Sacra e o sábado programose unha actividade novidosa, Viño e Jazz. O grupo Gabi Triana Quintet daba o sábado un concerto nos Chancís, no Concello de Sober. Durante a actuación da que participaron máis de 60 persoas, ofreceuse unha degustación de viños da D.O. Ribeira Sacra. A xornada acompañou e ao carón da auga, viño e jazz fixeron unha boa maridaxe.

Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra 2025 / Ruta do Viño
Durante esta Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra puntos de referencia para os visitantes que acudiron pola súa conta foron tamén o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, o Ecomuseo de Arxeriz, o Museo Etnográfico de Quiroga e Enoturismo Galicia coa súa oferta de Rutas Guiadas en Segway.