HomeEconomíaDúas renovadas empresas para Monforte e Sarria

Dúas renovadas empresas para Monforte e Sarria

Unha fábrica de mobles en Sarria e en Monforte unha empresa de transformación de aluminio e ferro contan con axudas do Igape para mellorar o seu equipamento

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) achegou axudas directas por valor de 457.000 euros para apoiar os investimentos promovidos por oito empresas lucenses. As empresas beneficiarias están emprazadas nos municipios de Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Vilalba e Rábade.

A fábrica de mobles de Sarria supuxo unha inversión de 73.500 euros, cunha achega de 11.000. A inversión para a empresa de transformación de aluminios e ferro en Monforte, foi de 106.000 euros, cunha axuda concedida de case 16.000 euros. A nivel provincial, as 8 empresas beneficiarias promoveron investimentos por valor de 2 millóns de euros.

As empresas beneficiadas por estes apoios para obra civil, maquinaria e ampliación de instalacións, adícanse á loxística e transporte, industria do pan, taller de vehículos, papelería e laboratorios, ademáis de mobles e maquinaria para ferro e aluminio.

ÚLTIMAS

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...