HomeMedio ambiente e PatrimonioO efecto contaxio da Ribeira Sacra

O efecto contaxio da Ribeira Sacra

O Pazo de Tor da Rede Museística provincial fai balance dos visitantes no 2018, aumentan na medida en que o viaxeiro vén a coñecer a Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Rede Museística da Deputación de Lugo rexistrou un aumento do 3% no número de visitas con respecto ao 2017 o que supón un crecemento de máis de 3.000 persoas ao longo de todo o ano. Os meses de xullo e agosto foron os que acadaron un maior número de visitantes en calquera dos museos da Rede, Museo San Paio de Narla (Friol), Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Provincial de Lugo e Pazo de Tor (Monforte de Lemos).

O Pazo de Tor recibiu en xullo 1.203 visitantes, un 39% máis que no mesmo mes do ano anterior e en agosto 1.893, un 20% máis que no 2017. Dúas tempadas marcan unha tendencia ben diferente entre os dous anos. En abril do pasado ano houbo o metade de visitantes que no 2017 e sen embargo, en maio e xuño a tendencia foi á inversa e incrementouse o pasado un 194% con 976 visitantes en maio e 1.189 en xuño.

Xaneiro adoita ser o mes máis frouxo  nas visita ao Pazo, cunha media de 160 persoas nos dous últimos anos, e no mes de decembro, que vimos de deixar atrás, foron 434 visitas.

Visita Pazo de Tor / Pazo de Tor

A maioría dos visitantes do Pazo de Tor son persoas que están na zona coñecendo a Ribeira Sacra, ou que veñen ao Balneario de Augas Santas, apuntan desde o Pazo. A maioría da xente vén para visitar outros recursos, como o canón do Sil, as ribeiras en socalcos e as adegas; persoas que pasan na zona un par de días e queren aproveitar para ver un pouco de todo.

O visitante máis habitual do Pazo é persoa de 40 anos, principalmente muller, que provén doutros puntos da provincia de Lugo, de Madrid, País Vasco e Asturias.

Para coñecer o Pazo

O Pazo de Tor está situado na parroquia monfortina de San Xoán de Tor. O edificio foi construído no último tercio do século XVIII. Ábrese aos visitantes o día 13 de xullo do ano 2006, despois da súa musealización. O Pazo é un testemuño privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna. Pódense coñecer integramente todas as salas e dependencias co seu mobiliario orixinal e coas coleccións artísticas que a liñaxe dos Garza foi atesourando aos longo dos séculos.

O Pazo alberga, ademais, cocheiras, adegas, cortes, tullas, vivenda dos criados e caseiros,… As visitas guiadas ao Pazo manteñen ao longo de todo o ano os mesmos horarios; de martes a domingo ás 11.00 h., 12.30 h., 16.30 h. e 18.00 h.

Pazo de Tor / monfortedelemos.es

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...