HomeDeportesO Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

Agora os/as usuarios/as recibirán no móbil un código qr no momento de facer a reserva, con ese código poderán acceder á Pista de Pádel que hai ao carón do Pavillón Municipal. Na pista da Piscina, a apertura das instalacións seguiraa facendo persoal municipal, se ben a reserva queda habilitada na web tamén para esta instalación e as das Pistas de Tenis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área Multideporte do Pavillón Municipal. Estas novas instalacións, que entran en funcionamento de modo permanente esta semana, súmanse ás que xa tiña o Concello de Chantada ao carón da Piscina Municipal. As dúas pistas de pádel, que necesitan de reserva para a súa utilización, contan desde este luns cun novo sistema de reserva a través da web municipal.

Co novo sistema de reserva e apertura instalado na Pista de Pádel do Pavillón, esta pista ábrese de modo permanente para a súa utilización pola veciñanza. As obras destas instalacións comenzaron no 2023 e no 2024 instalouse a cuberta. Investíronse 170.000€ a través de dúas subvencións da Xunta de Galicia para a mellora de infraestruturas deportivas.

As instalacións contan cunha pista estándar de céspede artificial de 20×10 metros, peche perimetral de malla electrosoldada e cristal templado, 4 torres de iluminación, 2 servizos para o público e zona de estacionamento.

“A Pista de Pádel do Pavillón abrímola o ano pasado durante o verán e seguimos acondicionándoa para podela abrir agora ininterrompidamente. Continuamos co noso proxecto de dotar de máis equipamento deportivo a esta zona. Abrimos esta pista con servizo informatizado para reserva e apertura de porta, un sistema máis áxil e cómodo para as persoas usuarias. Nos próximos meses esperamos ampliar a zona para completar este proxecto deportivo”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

As reservas das pistas de pádel son por hora e media para 4 usuarios/as. Tanto as pistas de pádel como as de tenis pódense reservar, a través deste enlace, para os seguintes horarios:

Pista de Pádel Pavillón Municipal (dispositivo apertura automática porta):

  • Luns, mércores, venres, sábado e domingo de 9:00h a 22:30h (franxas de hora e media)
  • Martes e xoves de 8:30h a 16:00h (franxas de hora e media) e de 18:30h a 23:00 (franxas hora e media). A primeira hora da tarde está reservada para as escolas deportivas que se desenvolverán do 20 de xuño ao 9 de setembro.

Pista de Pádel Piscina Municipal

  • De luns a venres: (8:30h-10:00h; 10:00h-11:30h; 11:30h-13:00h / 16:30h-18:00h;  18:00h-19:30h; 19:30h-21:00h; 21:00h-22:30h)
  • Fin de semana: (10:30h-12:00h; 12:00h-13:30h)

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...