HomeMedio ambiente e PatrimonioDemandas da infancia de Ribas de Sil na conmemoración do Día Internacional...

Demandas da infancia de Ribas de Sil na conmemoración do Día Internacional do Medio Ambiente

O Concello de Ribas de Sil súmase á conmemoración global do 5 de xuño de 2025, Día Internacional do Medio Ambiente, dando voz ás persoas máis novas do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante os últimos días de maio e primeiros de xuño, o alumnado de infantil e primaria do CEIP de San Clodio, guiado polo seu profesorado, participou en asembleas de aula converténdose en auténticos inspectores e inspectoras ambientais. De maneira libre e creativa, reflexionaron sobre os principais problemas ambientais que detectan en San Clodio e no resto das parroquias, e transmitiron as súas preocupacións ás persoas adultas.

As súas denuncias, recollidas pola directora do centro, a profesora Ángeles Méndez González, e trasladadas ao Concello, foron as seguintes:

  • Non tirar lixo nas rúas nin na praia fluvial.
  • Non fumar preto das nenas e nenos e evitar deixar cabichas nas portas dos bares ou do colexio.
  • Usar menos o coche para os desprazamentos dentro da vila.
  • Non tirar plásticos ao río e empregar correctamente os colectores de reciclaxe.

Estas propostas forman parte dunha campaña de sensibilización ambiental que inspirará as accións do Concello nos vindeiros meses. O alcalde, Roberto González, quere felicitar e agradecer á comunidade educativa o seu compromiso coa sostibilidade.

A campaña visual está protagonizada por unha imaxe emblemática, a Ponte Vella, este 5 de xuño tinguida de verde, ilustrada por Javier Rodríguez Sotuela, coñecido tamén no Bierzo como o cura de Matarrosa.

Desde o Concello de Ribas de Sil aseguran que así reafirman o seu compromiso coa participación da infancia na vida pública. “Apostamos por que os máis novos poidan desenvolver plenamente a súa competencia cidadá, convencidos de que a escola é o lugar máis valioso para construír o futuro de Ribas de Sil”, sinalan.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...