HomeCulturaÉxito das 'Rutas do Románico' pola provincia de Lugo

Éxito das ‘Rutas do Románico’ pola provincia de Lugo

Esta edición, na que participaron unhas 300 persoas, contou con itinerarios moi interesantes entre os que se atoparon algúns nos concellos do sur de Lugo. Concretamente, os concellos do Saviñao, Portomarín, Paradela, Taboada, Monforte de Lemos, Pantón, Ribas de Sil, Quiroga, Sarria, Chantada e Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unhas 300 persoas desfrutaron estes días da quinta edición do Coñece o románico da provincia de Lugo, un programa de rutas gratuítas que organizou a Deputación pola provincia. Neste quinto ano, a institución provincial programou un total de 16 itinerarios ao seu paso por unha vintena de concellos co obxectivo de poñer en valor e difundir o patrimonio do territorio lucense. Un éxito de organización e de participación acadando completar todas as prazas dispoñibles.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explicaba que este programa enmárcase na estratexia turística da Deputación de Lugo que aposta por un modelo de turismo de proximidade, sostible, de calidade,  e desestacionalizado. Unha iniciativa que se desenvolve en pequenos grupos, sen masificacións, e que deixa valor real no territorio en termos económicos e de emprego.

As visitas comezaron o último venres de maio co itinerario guiado en Lugo, pola Catedral de Santa María e a Cidade Medieval. Esa fin de semana tamén houbo rutas polo Saviñao, Portomarín e Paradela, Taboada e o rural da capital lucense; Monforte de Lemos, Foz e Viveiro. O sábado 7 de xuño foron protagonistas os percorridos polo románico de Pantón, Antas de Ulla, Ribas de Sil, Quiroga, Palas de Rei e Monterroso, rematando o ciclo o pasado domingo, 8 de xuño, con itinerarios por Sarria, Chantada, Meira e Sober.

A Deputación de Lugo ingresou no 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo.

ÚLTIMAS

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...