HomesociedadeA música e a moda saen á rúa na "Noite Aberta de...

A música e a moda saen á rúa na “Noite Aberta de Chantada”

O evento que organiza a 'Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra' para dinamizar o comercio local contará este ano con dúas importantes novidades: haberá un gran desfile de moda e a programación de actividades alongarase a 2 días: 13 e 14 de xuño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para a celebración da tradicional ‘Noite Aberta’ en Chantada organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.

Esta edición conta con importantes novidades. A primeira, que o evento non será só na tarde noite do venres, se non que se estenderá ata o sábado 14 de xuño; e a segunda, que haberá un gran desfile de moda o sábado pola tarde. Respecto deste último evento, a entidade organizadora anda á procura de modelos e anima á participación tanto de mulleres coma de homes, e de todas as tallas.

Ademais, haberá un sorteo de 20 vales de 20 euros cada un nunha ruleta ao rematar o desfile de moda. Darase unha tirada por cada ticket de compra da Noite Aberta.

PROGRAMA

Venres 13 de xuño: Rúa do Comercio.

Desde as 19:00 horas pasarrúas da Banda de Gaitas da Casa da Música de Chantada. Irán pola Avenida de Monforte, Xoán XXIII, Avenida de Ourense, Avenida de Lugo, Praza de Santa Ana e rúas Mariano Cedrón, Leonardo Rodríguez e Comercio.

A partir das 21:00 h. haberá varios concertos. Primeiro actuará Chiquinquirá, ás 21:30 h. El Club de las 8:15. e ás 22:15 h. Rascals.

Sábado 14 de xuño: Praza de Galicia.

De 17:00 a 19:00 horas, inchable infantil. Ás 18:30 h. desfile de moda e ás 19:00 h. actuación dun DJ. 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...