HomePolíticaAs obras de Adif entre Monforte e Lugo no informe da UCO...

As obras de Adif entre Monforte e Lugo no informe da UCO por posible adxudicación irregular

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte amosan a súa “preocupación” tras ter coñecemento de que o nome de Monforte podería aparecer no informe da UCO no marco da Operación Koldo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, “segundo as informacións que nos chegan, nese informe aparecería o nome de Monforte, en relación a unha suposta adxudicación irregular polas obras de emerxencias levadas a cabo por Adif entre Monforte de Lemos e Lugo”. Varela explica que “trataríase dunha obra dun millón e medio de euros na que o empresario Daniel Fernández Menéndez lle solicita a Koldo García a súa mediación para adxudicar a unha determinada empresa a obra en cuestión.”

“Non temos constancia de que o nome do noso alcalde saia neses documentos, e non imos a facer acusacións infundadas, pero si nos preocupa que saian nomes próximos a el e a noso municipio como a pregoeira das últimas festas, Isabel Pardo de Vera ou o secretario Santos Cerdán, que recentemente estivo co alcalde na nosa cidade. Tampouco nos gusta que o nome de Monforte saia nun informe que pode ser clave en distintas imputacións sobre adxudicacións irregulares”, sinalou.

Os populares anuncian que no próximo pleno lle preguntarán ao rexedor se poden estar tranquilos “e se non sairán outro tipos de informes onde apareza o nome da nosa cidade ou incluso o de el mesmo”.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...